LogotipoImposiblesenti
Sorte de entradas para o derbi

A nosa rivalidade fainos grandes.
E este ano lévate ao derbi.

Regalamos 10 entradas dobres para o derbi do domingo. Pero como cremos que a nosa rivalidade é o mellor regalo de todos, só poderás participar xunto cun amigo do equipo rival.

Descubre o noso buscador de amigos e rivais e participa.

ENTRA!

Xan no hospital

Imposible sen ti

Hai rivalidades que son tan fondas coma os corazóns que as impulsan. Somos os que construímos co noso esforzo. Os homes, as mulleres e os países. E hai esforzos que non se entenden sen un rival ó que se enfrontar.

O Celta e o Dépor, o Dépor e o Celta, son parte da historia que nos ten traído ata aquí. Ningún dos dous sería o mesmo sen a existencia do outro.

Cando un deles toca o ceo, cando un deles baixa ó inferno, sabe sempre que o destino lle dará axiña unha segunda oportunidade. Máis pronto ou máis tarde volveranse a ver as caras en Vigo, ou na Coruña para seguir construíndo, xuntos, unha historia que contar.

A historia

A historia de Ramón e Xoán é unha historia de fútbol, retranca e desfibriladores que nos ensina que, á fin e ao cabo, somos o que somos grazas aos nosos rivais.

Demostra que só hai unha cousa máis grande que ganar un derbi. Facelo entrando acompañado dun amigo do equipo rival.

Ramón e Xoán no hospital
Actores galegos xogando o derbi dos artistiñas

#oderbidosartistiñas

O mesmo día en que o derbi se xoga, tamén haberá un partido moi diferente. As caras máis coñecidas da televisión e a cultura en Galicia, cada un deles vestido coas cores de Deportivo ou Celta, xuntaranse con xogadores veteráns dos dous equipos nun divertido encontro poucas horas antes da gran cita.

#oderbidosartistiñas en Twitter

As outras campañas

Mónica leva máis de 30 anos vendo o derbi no bar de Sabela, unha inseparable amiga coa que compartiu a súa infancia en Mondoñedo. Desde que vive en Vigo coa súa familia sabe a onde ten que volver nas que para ela son as datas máis especiais do ano.

Máis sobre o spot

Anxo o pai de Roque ten que marchar a traballar ao mar na noite do derbi. Os dous despídense cunha sentida conversa. Xa á noite falan durante o descanso do partido e comentan as xogadas máis polémicas.

Máis sobre o spot

Roque abraza ao seu pai cando Anxo chega a porto. Nesta conversación entre pai e fillo ponse en cuestión unha evidencia: sen un deles dous e da súa paixón, o derbi só sería un partido de fútbol.

Máis sobre o spot

Din que nos levamos coma cans e gatos... Pois non! Levámonos moito peor. Tocamos o ceo e caemos no inferno, pero os dous... Victorias e derrotas, alegrías e fracasos. Pero oxalá non nos falten nunca, porque de todos os partidos do mundo, este é o noso partido!

Máis sobre o spot

Este sitio web utiliza cookies para facilitar e mellorar a túa navegación. Queres saber máis? Entendido!